O Colectivo Ártabra 21 reitera a súa oposición á construción dun novo estacionamento soterrado na Praza do Concello [Praza de Armas]
0 comentários Postado por Saúde e Liberdade ! às 10:24Estes días asistimos a un debate social nos medios de comunicación locais, a raíz da aprobación por parte do Pleno do Concello de Ferrol [06.07.2009] do "Estudo de Viabilidade do Párking da Praza de Armas", co voto a favor do PSOE e BNG, e a abstención do resto -PP, EU e IF-, estudo de viabilidade elaborado pola firma IDOM, e que proxecta un estacionamento soterrado de 8.200 m2, tres plantas e un mínimo de 320 prazas [publicado o anuncio no BOP o 14.07.2009].
Unha vez aberto un período de alegacións dun mes a partir da citada data de publicación, presentaron-se máis dun cento de alegacións, a maioría de particulares, unha do PP e outras de diferentes entidades [segundo varios medios de comunicación local], na súa maioría só cuestionan asuntos referentes a cantidades: que "o estacionamento non oferta suficientes prazas" [oferta 320, frente ás 116 actuais]; que o prazo de execución das obras ten que ser menor, alguén demanda que sexa entre 6 e 8 meses [no Estudo figuran 24]; preocupados tamén polo "canon" [400.000 € por unha adxudicación de 40 anos] e outros asuntos de interese para comerciantes e residentes. Algunha entidade como a asociación Ferrol se mueve, achega unhas 2.000 sinaturas de apoio ás súas demandas; o Centro Comercial Aberto da Magdalena - ACOF e a asociación veciñal Pedro Padrón van na mesma dirección [máis esta última, segundo o Diario de Ferrol, eleva a 480 a capacidade de prazas do estacionamento].
A asociación ecoloxista VERDEGAIA é a única entidade que presentou alegacións cuestionando-se a idoneidade e necesidade do propio estacionamento. Actuación loábel que ten o noso recoñecimento e apoio. Precedido este posicionamento, de Verdegaia, por un artigo titulado "Peotanización e pacificación do tráfico na Magdalena", publicado o 2 de Agosto de 2009 no semanario Nordesía, separata dominical do xornal comarcal Diario de Ferrol, asinado pola arquitecta ferrolá Olga Fra Gálvez [que formou parte da equipa de redacción, dirección e coordinación do PERI - Plan especial de protección e rehabilitación do barrio da Magdalena - aprobado o 27.09.2007] e o activista social Alexandre Carrodeguas.
Por outra banda o colectivo Masa Crítica de Ferrol, manifestou publicamente o seu desacordo coa construción do estacionamento, apostando por uns barrios libres de coches e a potenciación doutro tipo de mobilidade urbana, máis saudábel e sustentábel, baseada en ir a pé aos sitios, ou utilizar a bicicleta e tranporte público. Esquerda Unida, até hai pouco tempo formaba parte do goberno municipal, non presentou alegacións, mais anunciou a súa oposición ao estudo de viabilidade e que pedirá a súa retirada no pleno no que se traten as alegacións, aínda que, como xa dixemos con antelación, á hora da presentación á aprobación do estudo de viabilidade no pleno do 6 de Xullo, esta organización política optou pola abstención. Pois realmente esta organización só demanda un novo estudo de viabilidade, sen cuestionar-se a necesidade da construción dun novo estacionamento, precisamente este foi un dos asuntos que lles criou un conflito interno á par doutro co PSOE o seu antigo socio no goberno local. A organización política Nós-UP, tamén manifestou a súa posición contraria á construción dun novo estacionamento.
Parece-nos importante resaltar que o propio Concello, cos votos a favor de todos os grupos, é dicer por unanimidade, no Plan Urban de Ferrol, aprovou unha cousa moi diferente ao que se pretende facer na Praza do Concello [Praza de Armas], pois na páxina 25 do citado plano di textualmente:
"A iniciativa URBAN insérese nun conxunto de accións dirixidas ao obxectivo común da recuperación urbana. Planificación urbanística para a protección e a rehabilitación; Programas de Rehabilitación de edificios e vivendas; Centro Comercial Aberto; Novos equipamentos culturais da cidade; Programa de reurbanización parcial da Magdalena, construción de estacionamentos periféricos disuasorios; Programa de reurbanización xeral de Ferrol Vello; Proxecto de peonalización, reordenación de tráfico e potenciación do transporte público na Magdalena; Servizo público de bicicletas; son outras tantas accións que conflúen co Proxecto URBAN nunha estratexia integral de recuperación urbana".
Este plano esta cheo de propostas sustentábeis a todos os niveis, mais no referente á mobilidade urbana, as súa propostas son moi razonabeis, polo que recomendamos a súa leitura e detido análise. O paradóxico é que foi presentado publicamente o 29 de Xuño, só uns días antes de aprobar-se o "Estudo de Viabilidade do Párking da Praza de Armas" [06.07.2009]. O que non se pode entender, entre moitas outras cousas, é que si se está elaborando un "Plano de Mobilidade Urbana para Ferrol" [páxina 32 do Plan Urban] como é que se pretende facer un estacionamento soterrado no medio do casco histórico, animando deste xeito aos vehículos particulares motorizados a entrar no mesmo?, como se pode facer este "equipamento" que ten que ser periférico, no mesmo corazón do centro? e o que é pior como se pode facer o equipamento antes que a planificación estexa rematada?.
O Colectivo Ártabra 21 reitera a súa oposición á construción dun novo estacionamento soterrado na Praza do Concello [Praza de Armas], tal e como acordamos na reunión aberta con diferentes persoas e colectivos, celebrada o pasado 15 de Xullo. Nesa mesma reunión acordouse promover no mes de Setembro o debate, a unión e a acción dos colectivos e diferentes organizacións co obxectivo de artellar un movimento opositor ao proxecto e que conciencie á cidadanía na necesidade de "reducir a mobilidade forzada e deixar de fomentar o uso innecesario dos vehículos motorizados". Un movimento opositor que teña entre as súas demandas e propostas políticas de mobilidade urbana, o dar "prioridade aos medios de transporte respectuosos co medio ambiente, -en particular, os desprazamentos a pé, en bicicleta ou mediante o transporte público- ...".
O Colectivo Ártabra 21, abriu un blogue público: http://mobilidade-urbana.blogspot.com/, para armar-nos de argumentos e facilitar o debate e a toma de decisións, en todo o referente á "Mobilidade Urbana" .
Posición Pública do Colectivo Ártabra 21
SOBRE O ESTUDO DE VIABILIDADE DO APARCAMENTO
O colectivo Ártabra21 lembra que neste pasado mes de Febreiro nos opuxemos e rexeitamos o proxecto do actual goberno municipal en construír un aparcadoiro na Praza de Armas - Praza do Concello.
Contestamos de igual modo ao estudo de viabilidade para a construción do aparcamento a que entendemos que vulnera as conclusións da AXENDA21 LOCAL celebrado en Ferrol no ano 2003-2004, e as recomendacións da UNESCO na súa comisión Vial para os Cascos Históricos.
Saúdos!
Colectivo Ártabra21.
Anexos:
ANEXO -I-
PRAZA DE ARMAS – PRAZA DO CONCELLO
O Colectivo Ártabra21 quere lembrar que no mes de Febreiro deste ano emitimos un comunicado, rexeitando os planos do goberno local en rescatar a concesión da Praza de Armas – Praza do Concello para a construción dun aparcamento.
Pensamos que este proxecto de construír un aparcamento atenta e vulnera o pacto e acordos contemplados na propia Axenda21 Local, ademais de non respectar os acordos alcanzados nas conclusións dos debates desta Axenda 21 realizados nesta cidade de Ferrol durante os anos 2003 e 2004.
Na última década, entidades e forzas conservadoras, realizaron varios intentos para PRIVATIZAR varios ESPAZOS E PRAZAS PÚBLICAS da nosa cidade a cal tivo unha decidida resposta cidadá co fin de PRESERVAR E DEFENDER ESTAS PRAZAS da constante ameazada da ESPECULACIÓN.
Debemos entender que este barrio da Magdalena, a diferenza doutros, está situado dentro dun CASCO HISTÓRICO onde teñen que se definir unhas políticas específicas e protectoras, impulsando ZONAS PEONÍS como prioridade principal das persoas fronte aos coches.
Recollemos algún exemplo como a UNESCO que recomenda e advirte á cidade de Córdoba para ser Capitalidade Cultural do ano 2016....
"Quen dixo que ser Capital Cultural de Europa sería fácil? Como comezo, un bon asento histórico e cultural es imprescindíbel, mais no sólo de historia vive o home, tamén de presente. E no presente, o urbanismo sostíbel e a mobilidade ocupan gran parte do interese das institucións. De aí a recomendación ou, mais ben, a advertencia da Cátedra de Seguridade Vial da Unesco: si Córdoba é preseleccionada en 2010 para optar a Capitalidade en 2016, deberá someter-se a importantes restricións no fluxo de vehículos no interior do seu casco histórico".
Institucións como a UNESCO e a propia AXENDA 21 LOCAL advirten e recomendan a construción de APARCAMENTOS DE BORDE ou ARREDOR DOS BARRIOS HISTÓRICOS como ALTERNATIVA ao tráfico rodado.
Este é o caso do Aparcadoiro da PRAZA DE ESPAÑA – PRAZA DE PORTA NOVA, onde no ano 1999, o Pleno do Concello Ferrol aprobou por unanimidade iniciar as políticas de REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO E ZONA PEONIL NO BARRIO DA MAGDALENA.
Entendemos que se debe impulsar un transporte público de calidade como alternativa ao uso do transporte privado así como viais de servizo público, ademais da implantación de CARRÍS–BICI.
O COLECTIVO ÁRTABRA 21, DEFENDE E SALIENTA ESTE SINGULAR E REPETÍBEL CASCO HISTÓRICO DO BARRIO DA MAGDALENA POLO QUE INSTAMOS AO GOBERNO MUNICIPAL QUE RETIRE ESTE PLANO DE VIABILIDADE.
INSTAMOS AO GOBERNO A QUE RECTIFIQUE E IMPULSE ESTE CASCO HISTÓRICO COMO ZONA PEONIL CO FIN DE PRESERVAR E SALVAGARDAR ESTE IMPORTANTE PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO PARA USO E GOZO DA CIDADANÍA.
Ferrol a 24 de Agosto de 2009.
Colectivo Ártabra21
ANEXO -II-
Enviado por:
Colectivo Ártabra 21
artabra21@gmail.com
25 de agosto de 2009 01:15
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara ao futuro da humanidade, respeituosa e defensora do medio natural
Ferrol, Terra de Trasancos e Bezoucos
Blog do Colectivo Ártabra 21
http://artabra21.blogspot.com/
Enlaces relacionados:
- O Consello Local de EU de Ferrol e a reforma da Praza de Armas [23.09.2008]
- O goberno leva hoxe a pleno o rescate do párking de Armas tras o acordo entre concesionario e comerciantes [16.02.2009]
- Por que furar Ferrol ? [18.02.2009]
- Esquerda Unida denuncia a situación de irregularidade na que se atopa a día de hoxe o estacionamento da Praza do Concello e outras denuncias [26.03.2009]
- O pleno aproba o estudo de viabilidade do párking da praza de Armas sin ningún voto en contra [06.06.2009]
- Asemblea Aberta para tratar o asunto do Estacionamento da Praza de Armas de Ferrol [15.07.2009]
- A praça do concelho de Ferrol para as pessoas, nom para os veículos: praça pública sim, estacionamento nom! [31.07.2009]
- Peotanización e pacificación do tráfico na Magdalena [02.08.2009]
- Alegación aparcadoiro Praza de Armas Ferrol - Verdegaia [17.08.2009]
- A Masa Crítica de Ferrol pide que non se constrúa estacionamento da Praza do Concello [19.08.2009]
Outros enlaces de interese:
- Blogue Mobilidade Urbana Soustentábel
Boletín de Traballo do Colectivo Ártabra 21 sobre a Mobilidade Urbana Sustentábel - Documentos, Enlaces, Noticiario - Estacionamentos Soterrados - O caso da Praza de Armas de Ferrol - Praza do Concello - Casco Histórico
- Programa 21 das Nacións Unidas
- Aalborg+10
- A Axenda 21 Local
- PERI - Plan especial de protección e rehabilitación do barrio da Magdalena - aprobado o 27.09.2007
- Plan Urban de Ferrol
A actualidade desde o Concello de Ferrol sobre a "Praza de Armas"
0 comentários Postado por Saúde e Liberdade ! às 13:01Martes, 7 de xullo de 2009 | |||
Elaborado pola firma IDOM, proxecta un aparcadoiro de 8.200 m2, tres prantas e un mínimo de 320 prazas. O portavoz do goberno, Ramón Veloso, avanza que o proceso continúa agora coa elaboración do anteproxecto constructivo. Agradece o apoio a un proxecto clave para a cidade, xa que permitirá afrontar a peatonalización do centro histórico
|
Marcadores: Información desde o Concello de Ferrol
Unha mobilidade urbana sustentábel
Nós, cidades, debemos esforzarnos por mellorar a accesibilidade e por manter o benestar e os modos de vida urbanos á vez que reducimos o transporte. Sabemos que é indispensábel para unha cidade viábel reducir a mobilidade forzada e deixar de fomentar o uso innecesario dos vehículos motorizados. Daremos prioridade aos medios de transporte respectuosos do ambiente [en particular, os desprazamentos a pé, en bicicleta ou mediante os transportes públicos] e situaremos no centro dos nosos esforzos de planificación unha combinación destes medios. Os diversos medios de transporte urbanos motorizados deben ter a función subsidiaria de facilitaren o acceso aos servizos locais e de manteren a actividade económica das cidades.
Detalle da:
CARTA DE AALBORG
Carta das cidades europeas cara a sustentabilidade
Aprobada polos participantes na Conferencia Europea sobre as Cidades Sustentábeis celebrada en Aalborg, Dinamarca, o 27 de maio de 1994.
___________________
Documento en Formato PDF:
Axenda 21 Local - Federación Ecoloxista Galega - Marzo de 2000
______________
Marcadores: Carta de Aalborg
Actualizada a 21 de Agosto de 2009
O PSOE de Ferrol impulsa a reforma da Praza de Armas co apoio da ...
FERROL, 2 Oct. (EUROPA PRESS) - O PSOE de Ferrol, que lidera o rexedor da cidade Vicente Irisarri, obtivo hoxe o apoio dos tres grupos da oposición ...
Diario de Ferrol - A coalición de Ferrol quere evitar a ...
O resultado electoral de maio de 2007 configurou un pleno de Ferrol... no que cuestionaba a necesidade de abordar o rescate da Praza de Armas e ... con nove
Galicia Confidencial » Blog Archive » Os problemas de EU-IU en FerrolA EU-IU de Ferrol estalle costando moito a adaptación ao goberno municipal, ... a apoiar o inicio das obras na Praza de Armas... e as ameazas do alcalde,
O PSOE de Ferrol impulsa a reforma da Praza de Armas co apoio da ...
Esta foi a primeira crise do Goberno local de Ferrol e produciuse en torno ao mesmo asunto, a reforma da Praza de Armas, que xa iniciara o distanciamento da ...
Xavier Carro Garrote: A gobernabilidad de Ferrol [28.10.08]
Hoxe remata unha etapa de pacto en Ferrol entre o PSOE e EU. ... aprobáronse outros 3 asuntos: a reforma da Praza de Armas, as instalacións subterráneas da ...
Vieiros: Galiza Hoxe - Desacordo de PSOE e EU en Ferrol mentres a ...
RSS de GZ-Sete. Conflito pola Praza de Armas ... "Quen gaña é o concesionario, a quen felicitamos pola negociación, pero non gaña a cidade de Ferrol", ...
______________
Marcadores: Noticiario sobre a Praza de Armas - 2008 -
BNG de FERROL
O PROBLEMA DA PRAZA DE ARMAS É CONSECUENCIA DA POLÍTICA INCOMPETENTE DA ... e Ferrolde Sánchez Aguilera, Plano de Sectoriarización de... Vello, PERI Menáncaro
_______________
Marcadores: Noticiario sobre a Praza de Armas - 2005 -